lunes, 1 de abril de 2019

PROGRAMA XOGADE EN 5º DE PRIMARIA

O alumnado de 5º de E.Primaria participou no programa XOGADE,unha campaña de actividade lúdico deportiva  (xogos galegos deportivos en idade escolar),  promovida e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma.
 Nesta primeira fase o alumnado de 5º participou nas pistas de atletismo do CUVI cunha chea de centros escolares. As probas nas que participaron  foron: carreiras de relevos,salto de lonxitude, 60 metros lisoa, 500metros lisos,lanzamento de peso e lanzamento de vórtex.
A participación e o compañerismo foi espectacular!Noraboa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario