Aproveitando á visita a Santiago, quixemos pasar antes polo Museo do Pobo Galego donde puideron observar unha exposición permanente dedicada ao mar, aos oficios, ao campo, ao traxe, á música, ao hábitat, a arquitectura, á sociedade, á prensa, a imprenta e tamén a arqueoloxía e o arte.
A continuación , despois dun percorrido polas rúas de Santiago, chegamos á Xunta de Galicia accediendo pola porta das autoridades e visitando á sala de Xuntas do Consello da Xunta e á Sala de reunións da comisión de secretarios, entre outras.
Á saída, fixemos unha comida conxunta e dirixímonos cara a Catedral de Santiago para contemplar a súa maxestuosidade. Estaba espectacular!
E xa por último, achegámonos ao Parlamento de Galicia donde, despois de ver as múltiple salas e a Biblioteca, pudemos estar presentes nun Pleno. Podedes achegaros ás mocións aprobadas ese día e que nós estivemos presente nun momento.
Foi moi emocionante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario