miércoles, 5 de abril de 2017
A Reconquistiña
domingo, 5 de marzo de 2017
ENTROIDO 17
ENTROIDO 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Podedes visitar o blog da Anpa, o de Educación Infantil e o da Biblioteca se queredes ver mais fotos do ENTROIDO.
martes, 21 de febrero de 2017
Escola nas ondas
ESCOLA NAS ONDAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
O alumnado de sexto participou no programa de "Ponte nas Ondas" que esta vez lles ofreceu nas aulas un curso de audio-radio co programa auda-city no que o alumnado pudo practicar dicción, entoación e interpretación... O alumnado asistiu con moita ilusión así como o seu mestre guiados pola man do profesor que lles impartía o cursiño, Damián.
lunes, 20 de febrero de 2017
CARREIRA SAN MIGUEL
Un ano mais os alumnos do Ceip Ría de Vigo participaron na Carreira de San Miguel de Oia. A pesar do día chuvioso, divertíronse moito. E sobre todo, e o mais importante,disfrutaron xuntos.
Noraboa!!
OS GUERREIROS DE TERRACOTA EN PRIMARIA
TERRACOTA PRIMARIA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Por fin, xa fixemos a visita aos GUERREIROS DE TERRACOTA. Foi impresionante. Os alumnos quedaron abraiados con toda a historia. Mirade o video e poderedes comprobar que ben o pasamos.
martes, 14 de febrero de 2017
APRENDENDO A SER CIENTÍFICOS
O alumnado de 4º de primaria recibiu a visita na aula da nai dunha nena, Sabela.
Co gallo de que estaban a impartir as bacterias, os fungos...esta nai provista dun microscopio veu mostrarlle distintas bacterias, protozoos, paramecios.A experiencia resultou do máis interesante pois eles ficaban espantados ao ver algo da súa boca alí plasmado, algo que estaba na súa man,...Sobre todo lles chamaba a atención como se agrandaba, como ía medrando...Para iso dispúxose de dúas sesións de aula e o alumnado ía acudindo a unha aula adxacente á súa. Ao iren así de poucos en poucos podían aproveitar mellor a actividade.
domingo, 12 de febrero de 2017
EDUCACIÓN FÍSICA NO FARO DAS ROCHAS
Como facía bo tempo, os alumnos de 3º de Educación Primaria recibiron a súa clase de Educación física no Faro de Rochas.
Unha maneira diferente de disfrutar da paisaxe e do entorno do noso cole. Que sorte ten este Centro!
O profe Dani fai moito exercicio cos nenos e nenas e aproveita a ocasión ( se o tempo o permite) para visitar as praias cercanas ao noso cole.
Quedaron moi satisfeitos!
Unha maneira diferente de disfrutar da paisaxe e do entorno do noso cole. Que sorte ten este Centro!
O profe Dani fai moito exercicio cos nenos e nenas e aproveita a ocasión ( se o tempo o permite) para visitar as praias cercanas ao noso cole.
Quedaron moi satisfeitos!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



