Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de noviembre de 2018

SAÍDA AO MERCADO

O alumnado de 3º e 4ºpartipou nunha saída ao mercado do Progreso e aproveitaron para visitar os xardíns de inverno do Concello de Vigo.

Todos e todas preparadas para visitar o mercado. Tamén percorreron o supermercado que está nas instalacións escoitando moi atentamente as explicacións da monitora. E...preparados para cociñar amasando as empanadillas do Capitán Pescanova. Que ricas están!! E ademais tiveron a visita do alcalde. 


domingo, 15 de abril de 2018

EDUCACION FISICA 3º

Aproveitando o bo tempo os nenos e nenas de 3º tamén tiveron a sorte de facer una sesión de Educación Física , mais en concreto, una sesión de CROSS na Praia de Fuchiños. Pasáronno fenomenal.






domingo, 28 de enero de 2018

No Ría, as clases de Educación Física son moi divertidas e innovadoras. Practican RUGBYTOTS, entre otros deportes.
O Rugbytots desenvolve as capacidades motrices dos nenos utilizando as múltiples habilidades do rugby pero sen contacto , nun contexto alegre, divertido e agradable. Axuda ao crecemento dos máis pequenos tendo como base os grandes valores deste deporte. Foi deseñado para desenvolver atributos físicos, psicolóxicos e sociais do neno, así como  para fomentar as habilidades específicas do rugby, como correr coa pelota, atopar o espacio, patear, atrapar, anotar un ensaio e moito máis.
Os nenos o pasan de medo! Mirade.

domingo, 7 de mayo de 2017

ACTIVIDADE DE RECICLAXE


O alumnado de 2º, 3º e 4º curso de E.Primaria participaron na actividade de reciclaxe con Dinoseto e Dinosetiño que ensinaronlles a facer un bo uso cos materiais de refugallo e aprenderon a botar cada material no contenedor correcto.
Mirade que ben o fixeron. Tamén recibiron de agasallos unha bolsa chea de recordos de Dinoseto.

lunes, 20 de febrero de 2017

OS GUERREIROS DE TERRACOTA EN PRIMARIA


TERRACOTA PRIMARIA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Por fin, xa fixemos a visita aos GUERREIROS DE TERRACOTA. Foi impresionante. Os alumnos quedaron abraiados con toda a historia. Mirade o video e poderedes comprobar que ben o pasamos.