Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de noviembre de 2018

SAÍDA AO MERCADO

O alumnado de 3º e 4ºpartipou nunha saída ao mercado do Progreso e aproveitaron para visitar os xardíns de inverno do Concello de Vigo.

Todos e todas preparadas para visitar o mercado. Tamén percorreron o supermercado que está nas instalacións escoitando moi atentamente as explicacións da monitora. E...preparados para cociñar amasando as empanadillas do Capitán Pescanova. Que ricas están!! E ademais tiveron a visita do alcalde. 


sábado, 2 de diciembre de 2017

VISITA DO CENTRO JUAN MARÍA

O pasado venres o alumnado do "Centro Juan María" visitou a clase de 4ºA. Diego García , o noso compañeiro , que flexibiliza tamén co noso cole, quiso presentarnos aos seus compañeiros: Nati, Lucas, María, Sara, Zaira e as súas profes Isa e Pilar. 

Tamén encargounos unha misión : co motivo do DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE ,o 3 de decembro ,deberíamos decorar un paraugas verde.



domingo, 7 de mayo de 2017

ACTIVIDADE DE RECICLAXE


O alumnado de 2º, 3º e 4º curso de E.Primaria participaron na actividade de reciclaxe con Dinoseto e Dinosetiño que ensinaronlles a facer un bo uso cos materiais de refugallo e aprenderon a botar cada material no contenedor correcto.
Mirade que ben o fixeron. Tamén recibiron de agasallos unha bolsa chea de recordos de Dinoseto.

martes, 14 de febrero de 2017

APRENDENDO A SER CIENTÍFICOS

O alumnado de 4º de primaria recibiu a visita na aula da nai dunha nena, Sabela.
Co gallo de que estaban a impartir as bacterias, os fungos...esta nai provista dun microscopio veu mostrarlle distintas bacterias, protozoos, paramecios.
A experiencia resultou do máis interesante pois eles ficaban espantados ao ver algo da súa boca alí plasmado, algo que estaba na súa man,...Sobre todo lles chamaba a atención como se agrandaba, como ía medrando...Para iso dispúxose de dúas sesións de aula e o alumnado ía acudindo a unha aula adxacente á súa. Ao iren así de poucos en poucos podían aproveitar mellor a actividade.