lunes, 1 de octubre de 2018

DIA DO PUNTO


O día 15 de setembro celébrase o Día internacional do punto, Dot Day, unha proposta artística de Peter H Reynolds, autor do libro "El punto".
https://www.youtube.com/watch?v=d8GzMfhe1mM
O alumnado do Ría participou encantado con esta iniciativa. Se queredes ver o conto preme no debuxo.

miércoles, 12 de septiembre de 2018

BENVIDOS A UN NOVO CURSO

Dende o Ceip Ría de Vigo queremos darvos a Benvida a este novo curso 18/19 . Recibimos a todos con grandes apertas e cheos de ilusións. 

MIRADE!!

lunes, 2 de julio de 2018

Festival fin de curso

Que ben o pasamos no festival de fin de curso!! o alumnado estivo fenomenal. Moitas grazas a todos e pasade un bo verán.
Vémonos en setembro.



Podedes atopar mais fotos no blog da ANPA no seguinte enlace 

http://anpaceipriadevigo.blogspot.com/

SAÍDA A PRAIA

O derradeiro día o alumnado do Ría baixou a Praia para despedir o curso e saudar ao verán. Mirade que ben o pasaron!!

jueves, 24 de mayo de 2018

SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

O alumnado de 4º de E.primaria visitou as instalacións do CLUB DE CAMPO para practicar o tenis. Disfrutaron dunha divertida sesión de raquetas donde puxeron en práctica as súas habilidades. 

É unha boa oportunidade para poder aprender este deporte. Entra na federación Galega de tenis  para saber mais.

lunes, 14 de mayo de 2018

Aldeas infantiles

Os alumnos de 2º e 3º de E.Primaria realizaron unha saída a ALDEAS INFANTILES en Redondela. O fin de dita saída é que os nenos e nenas tomen conciencia de que existen outras realidades. Nun primer momento, nas aulas, preparamos e sensibilizamos ao alumnado contando a historia de como, quen, cando e para que a idea de crear as aldeas Infantiles.
Contamos unha vez alí con monitores que aclararon dúbidas e nos ensinaron todo o referente a esta maneira de vivir destes nen@s. Tamén nos falaron do seu proxecto de centro; despois dos incendios do pasado mes de outubro a meirande parte das súas árbores foron queimadas e por iso están tratando de replantar con especies autóctonas. Nós levamos unha árbore e unha variedade de sementes e os nen@s participaron activamente cos encargados da horta.

Foi unha experiencia moi enriquecedora.




Saída Aldeas Infantiles