Mostrando entradas con la etiqueta Aldeas infantiles. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aldeas infantiles. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de mayo de 2018

Aldeas infantiles

Os alumnos de 2º e 3º de E.Primaria realizaron unha saída a ALDEAS INFANTILES en Redondela. O fin de dita saída é que os nenos e nenas tomen conciencia de que existen outras realidades. Nun primer momento, nas aulas, preparamos e sensibilizamos ao alumnado contando a historia de como, quen, cando e para que a idea de crear as aldeas Infantiles.
Contamos unha vez alí con monitores que aclararon dúbidas e nos ensinaron todo o referente a esta maneira de vivir destes nen@s. Tamén nos falaron do seu proxecto de centro; despois dos incendios do pasado mes de outubro a meirande parte das súas árbores foron queimadas e por iso están tratando de replantar con especies autóctonas. Nós levamos unha árbore e unha variedade de sementes e os nen@s participaron activamente cos encargados da horta.

Foi unha experiencia moi enriquecedora.




Saída Aldeas Infantiles