Moi bos días:
Como sabedes, en Vigo e, polo
xeral en toda Galicia e
Península Ibérica, estamos a sofrir unha seca terrible
correndo o risco de quedar sen auga para o consumo
nas nosas casas.
Falando desta situación nas nosas
clases de Ciencias
Naturais, pareceunos convinte plantexar unhas
RECOMENDACIÓNS para ter en conta e, dese xeito,
facer un uso máis responsable da auga.
- Usa a ducha en lugar da bañeira. Empregarás a cuarta parte da auga.
- Usa o sistema de aforro da túa cisterna, xa sabes, o botonciño pequeno.
- Enche ben o lavalouza e a lavadora para non desperdiciar nin auga nin enerxía.
- Revisa posibles fugas na túa instalación e pecha a chave antes de sair de viaxe.
- Non deixes correr a auga ao lavar os dentes. Usa o vaso e pecha a billa.
- Non regues o xardín e evita no posible lavar o coche mentres se manteña a seca.
- Comproba as billas despois de cada uso, así aforras ata 30 litros ao día.
Si colaborades con nós e
cumprides estas normas nas vosas casas
e, ao mesmo tempo conseguides que as vosas
familias tamén
o fagan, estaremos en condicións de asegurar que nós aportamos
o
noso pequeno granciño de area para que no futuro
poidamos desfrutar dun planeta
máis sustentable.
A A aula de 5º do CEIP P. Ría de Vigo davos moitas
grazas
por adiantado pola vosa implicación nesta causa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario