O alumnado de 4º de primaria recibiu a visita na aula da nai dunha nena, Sabela.
Co gallo de que estaban a impartir as bacterias, os fungos...esta nai provista dun microscopio veu mostrarlle distintas bacterias, protozoos, paramecios.A experiencia resultou do máis interesante pois eles ficaban espantados ao ver algo da súa boca alí plasmado, algo que estaba na súa man,...Sobre todo lles chamaba a atención como se agrandaba, como ía medrando...Para iso dispúxose de dúas sesións de aula e o alumnado ía acudindo a unha aula adxacente á súa. Ao iren así de poucos en poucos podían aproveitar mellor a actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario