martes, 14 de febrero de 2017

APRENDENDO A SER CIENTÍFICOS

O alumnado de 4º de primaria recibiu a visita na aula da nai dunha nena, Sabela.
Co gallo de que estaban a impartir as bacterias, os fungos...esta nai provista dun microscopio veu mostrarlle distintas bacterias, protozoos, paramecios.
A experiencia resultou do máis interesante pois eles ficaban espantados ao ver algo da súa boca alí plasmado, algo que estaba na súa man,...Sobre todo lles chamaba a atención como se agrandaba, como ía medrando...Para iso dispúxose de dúas sesións de aula e o alumnado ía acudindo a unha aula adxacente á súa. Ao iren así de poucos en poucos podían aproveitar mellor a actividade.



domingo, 12 de febrero de 2017

EDUCACIÓN FÍSICA NO FARO DAS ROCHAS

Como facía bo tempo, os alumnos de 3º de Educación Primaria recibiron a súa clase de Educación física no Faro de Rochas.
Unha maneira diferente de disfrutar da paisaxe e do entorno do noso cole. Que sorte ten este Centro!
O profe Dani fai moito exercicio cos nenos e nenas e aproveita a ocasión ( se o tempo o permite) para visitar as praias cercanas ao noso cole. 
Quedaron moi satisfeitos!

PRÓXIMA SAÍDA

Aínda quedan alumnos do cole para realizar esta visita. Xa vos contaremos nunha próxima entrada.

VISITA AOS GUERREIROS DE TERRACOTA

Non te perdas estas fotos onde facemos un repaso das interensantísimas cousas que aprendimos deste colosal exército inmortal, así como doutros aspectos da súa cultura e da vida cotiá!

viernes, 3 de febrero de 2017

ENCONTRO CON ANA ALCOLEA

O  2 de febreiro tivo lugar na biblioteca o encontro do  alumnado de 2º curso coa escritora Ana Alcolea coa que compartiron moitas reflexións sobre o seu libro " El abrazo del Árbol".

http://www.anayainfantilyjuvenil.com/libro.php?codigo_comercial=1556177

martes, 15 de noviembre de 2016

SAMAÍN AULA 2º CURSO PRIMARIA

Así pasamos os momentos previos e os posteriores ao Percorrido do Medo!
SAMAÍN AULA 2º CURSO PRIMARIA on PhotoPeach

viernes, 11 de noviembre de 2016

O OUTONO EN PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA




Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria traballaron durante o mes de outubro na elaboración dunha exposición conxunta na que puideron aprender os froitos típicos da estación na que nos atopamos.

Entre todos acadaron ambientar un outonal corredor compartido con cabazas, castañas, noces, abelás, millo, landras... e ata un sabroso marmelo feito por unha colaboradora avoa!

Ademáis, os máis maoires (os nenos e nenas de segundo) incorparon ao carón de cada un dos froitos a súa etiqueta correspondente co nome nos tres idiomas que estudamos no noso Cole Plurilingüe.


Bo traballo nenos e nenas!