miércoles, 19 de diciembre de 2018

Ciencia en 4º de E.Primaria

O alumnado de 4º de E.Primar fixo un aula do máis didáctico.
Co gallo do tema das máquinas en Ciencias naturais troxeron a aula una carretilla como máquina simple. Pola contra o pai de Dani González veulles ensinar o funcionamento dunha carretilla elevadora e as súas funcións.
Como preámbulo aproveitando  que trouxeron de casa circuitos eléctricos , máquinas simples como tesoiras, plano inclinado, etc fixeron una exposición incluindo tódalas creación aportadas.

Cantos inventos aportamos a nosa aula!!











jueves, 29 de noviembre de 2018

SAÍDA AO MERCADO

O alumnado de 3º e 4ºpartipou nunha saída ao mercado do Progreso e aproveitaron para visitar os xardíns de inverno do Concello de Vigo.

Todos e todas preparadas para visitar o mercado. Tamén percorreron o supermercado que está nas instalacións escoitando moi atentamente as explicacións da monitora. E...preparados para cociñar amasando as empanadillas do Capitán Pescanova. Que ricas están!! E ademais tiveron a visita do alcalde. 


jueves, 15 de noviembre de 2018

SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

Os nenos e nenas  de 4º e 6º de Educación Primaria disfrutaron dunha divertida sesión de Educación Física con xogos como: os esquís de verán, o paracaídas...

4º de Educación Primaria



6º E.Primaria



FINAL DE COLPBOL

E cheou o gran día da tan esperada final de Colpbol. 



O mais importante é disfrutar e pásalo ben.

martes, 23 de octubre de 2018

CAMPEONATO DE COLPBOL

Dende o luns 22 o alumnado e os profes do Ría de Vigo están participando nun "importantísimo" campeonato de Colpbol. Sabedes en que consiste?
 Mirade o seguinte vídeo:


https://www.youtube.com/watch?v=4_wa4b8vjbI



 Esta é a organización dos equipos. 
E tamén algunhas imaxes dos primeiros grupos e partidos.







E temos tamén grandes animadoras


Se queredes ver que ben o pasan, ven ao patio do Ría de Vigo as 12 horas.
 Esperámosvos!!




miércoles, 3 de octubre de 2018

LEGO: 1º e 2º de Primaria



O alumnado de 1º e 2º de Primaria participa conxuntamente na actividade de LEGO co fin de desenvolver a intelixencia e a creatividade á vez que fomentan o traballo en equipo.

lunes, 1 de octubre de 2018

KIMO-KAPP

Un ano mais o Ceip Ría de Vigo participa noutro proxecto solidario co fin de concienciar no alumnado a importancia de colaborar e axudar altruistamente en diversas actividades.
Esta vez consistiu en facer tarxetas de apoio para dar unha mensaxe de ánimo a todos os nenos e nenas oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro. Colaboramos co proxecto KIMO-KAPP Galicia que elabora Kimos , badanas para protexer as cabezas dos nenos desprotexidas pola pérdida do cabelo, aportando un anaco de cariño e unha  sonrisa.